Folletos Web Ciclo

CSS



Modelaxe da información da construción (BIM)
Curso de Especialización - Grao Superior
Título LOOIFP
Duración: 600 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver e modelar a información gráfica e non gráfica de proxectos de Arquitectura, Enxeñería e Construción baixo a metodoloxía BIM nas súas diferentes dimensións, así como colaborar nos procesos dos proxectos, respectando os requisitos do cliente (EIR, Employer's Information Requeriments) e as prescricións establecidas no Plan de Execución BIM (BEP, Building Execution Plan), entre outras.

En que ámbitos se traballa?

Empresas, públicas e privadas, do sector de arquitectura, enxeñería e construción que desenvolvan proxectos baixo a metodoloxía BIM, cuxas actividades teñan unha clara tendencia á dixitalización dos procesos de desenvolvemento de modelos de información de proxectos e de activos.

Que ocupacións se desempeñan?
Modelador bim e coordinador de modelos bim
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5059 Control, xestión e orzamentos 80
MP5055 Metodoloxía BIM 100
MP5056 Modelos de arquitectura e estruturas 150
MP5058 Modelos de instalaciones eléctricas e comunicacións 120
MP5057 Modelos de instalacións mecánicas e sustentabilidade 150
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Modelaxe da información da construción (BIM).

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia