Folletos Web Ciclo
Desenvolver e xestionar proxectos de adaptación de procesos produtivos, identificando os obxectivos de produción, tendo en conta os indicadores clave de rendemento (KPI), aplicando tecnoloxías avanzadas de control da produción e cumprindo os requisitos de calidade e seguridade.
Empresas públicas e privadas do sector de produción industrial e cun importante compoñente de automatización, cuxas actividades teñan unha clara tendencia á integración de todos os seus sistemas dixitais de operación e xestión.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP5013 | Contornos conetados a rede e Internet das cousas | 96 |
1º | MP5012 | Metroloxía e instrumentación intelixente | 96 |
1º | MP5011 | Procesos produtivos intelixentes | 192 |
1º | MP5014 | Virtualización de máquinas e procesos produtivos | 96 |
Máster de Formación Profesional en Fabricación intelixente.
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.