Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 600 horas
Que se aprende a facer?

Programar e aplicar sistemas intelixentes que optimizan a xestión da información e a explotación de datos masivos, garantindo o acceso a os datos de forma segura e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidas nos estándares establecidos, así como os principios éticos e legais.

En que ámbitos se traballa?

Empresas, públicas e privadas de todos os sectores produtivos, tanto por conta allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de programación, infraestrutura ou consultoría.

Que ocupacións se desempeñan?
Desenvolvedor/ora de intelixencia artificial e big data
Programador/a de sistemas expertos
Experto/a en intelixencia artificial e big data e analista de datos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5075 Big data aplicado 136
MP5071 Modelos de intelixencia artificial 73
MP5073 Programación de intelixencia artificial 200
MP5072 Sistemas de aprendizaxe automáticos 91
MP5074 Sistemas de big data 100
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Intelixencia artificial e big data.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo
O
D