Folletos Web Ciclo

CSS



Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual
Curso de Especialización - Grao Superior
Título LOOIFP
Duración: 600 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar e desenvolver videoxogos para diferentes dispositivos e plataformas, garantindo a experiencia do usuario, utilizando ferramentas de última xeración que permitan actuar en todas as fases do seu desenvolvemento, así como aplicacións interactivas de realidade virtual e aumentada.

En que ámbitos se traballa?

Empresas, públicas e privadas do sector dos videoxogos, así como crear o seu propio estudo de desenvolvemento de videoxogos.

Que ocupacións se desempeñan?
Programador/a de videoxogos
Desenvolvedor/ora de videoxogos
Responsable de probas de videoxogos
Responsable do proceso de creación de videoxogos
Deseñador gráfico 2d e 3d de videoxogos
Desenvolvedor/ora de aplicacións de realidade virtual, aumentada e mixta
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5049 Deseño gráfico 2D e 3D 136
MP5052 Deseño, xestión, publicación e produción 136
MP5048 Programación e motores de videoxogos 146
MP5050 Programación en rede e intelixencia artificial 91
MP5051 Realidade virtual e realidade aumentada 91
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela