Folletos Web Ciclo
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP5024 | Análise forense informático | 120 |
1º | MP5022 | Bastionado de redes e sistemas | 160 |
1º | MP5025 | Hacking ético | 120 |
1º | MP5021 | Incidentes de ciberseguridade | 140 |
1º | MP5026 | Normativa de ciberseguridade | 60 |
1º | MP5023 | Posta en produción segura | 120 |
Máster de Formación Profesional en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información.
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.