Folletos Web Ciclo
Fabricar pezas e elementos de estruturas aeroespaciais, manualmente ou en cadeas de produción, así como controlar os procesos implicados, verificar os resultados obtidos, realizar o mantemento avanzado, a preparación e posta a punto da instalación, da maquinaria e dos utensilios de acordo cos protocolos de actuación, cumprindo os criterios e as normas de calidade, os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa e a normativa de aplicación.
En pequenas e medianas empresas de natureza tanto pública como privada dedicadas á fabricación de elementos aeroespaciais con materiais compostos e á corrección de defectos, dependendo, de ser o caso, funcional e xerarquicamente de persoal superior, e podendo ter ao seu cargo persoal de nivel inferior.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP5084 | Fabricación automática en materiais compostos | 180 |
1º | MP5083 | Fabricación de elementos aeroespaciais de materiais compostos por moldeo manual | 180 |
1º | MP5085 | Polimerización e mecanizado de pezas aeroespaciais de material composto | 150 |
1º | MP5086 | Verificación de elementos de materiais compostos | 90 |
Máster de Formación Profesional en Materiais compostos na industria aeroespacial.
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.