Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 600 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver e xestionar proxectos de fabricación aditiva mediante o uso de impresión 3D, supervisar ou executar a montaxe, mantemento e posta en marcha dos devanditos proxectos, así como tomar decisións de implementación no desenvolvemento de produtos de empresa (auxiliares ou finalistas) respectando criterios de calidade, deseño, seguridade e respecto ao medio ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Pequenas, medianas e grandes empresas, tanto públicas como privadas, principalmente nos ámbitos da investigación, desenvolvemento de produtos, produción industrial, mantemento industrial e servizos.

Que ocupacións se desempeñan?
Experto en sistemas de fabricación aditiva
Experto en impresión 3d
Experto en deseño de produto para impresión 3d
Deseñador 3d por escaneado
Experto en prototipado rápido
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5066 Deseño de estruturas alixeiradas e optimización topolóxica en fabricación 82
MP5068 Escaneado e reparación de mallas 3D 63
MP5070 Manexo, reparación e custos da fabricación aditiva 100
MP5067 Modelaxe, laminado e impresión 3D 200
MP5069 Post procesado 73
MP5065 Tecnoloxías de fabricación aditiva 82
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Fabricación aditiva.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
A Coruña
Coruña, A
Ourense