Folletos Web Ciclo
Organizar, planificar, supervisar e executar a montaxe e o mantemento avanzado de sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias, aplicando a normativa vixente, e seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais, e de protección e respecto ambiental.
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade en empresas onde cumpra realizar labores de colaboración no desenvolvemento de proxectos relacionadas coa instalación, a configuración, a supervisión e o mantemento de sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias. Así mesmo, poderán exercer a súa actividade, tanto no sector público como no privado, na instalación e no mantemento dos sistemas de sinalización e telecomunicacións utilizados nos servizos de transporte ferroviario, xa sexa dos prestados ao abeiro da Lei 38/2015, do sector ferroviario, ou xa dos subministrados polos ferrocarrís autonómicos, urbanos (tranvías), suburbanos (metros) e interurbanos (metros ou tranvías lixeiros). Entre outros sectores empresariais, cabe destacar os que a seguir se relacionan: • Empresas de instalación de infraestruturas de sinalización e seguridade ferroviarias. • Empresas de instalación de sistemas de telecomunicacións ferroviarias. • Empresas de instalación de sistemas de control-mando e sinalización do sistema ferroviario. • Empresas de mantemento de infraestruturas de sinalización e seguridade ferroviarias. • Empresas de mantemento de sistemas de telecomunicacións ferroviarias. • Empresas de mantemento de sistemas de control-mando e sinalización do sistema ferroviario. • Empresas administradoras de infraestruturas ferroviarias de ámbito estatal. • Empresas administradoras de infraestruturas ferroviarias de ámbito autonómico, interurbano ou local. • Empresas administradoras de infraestruturas de ferrocarrís metropolitanos.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP5044 | Infraestrutura de sistemas de sinalización e seguridade ferroviaria | 125 |
1º | MP5046 | Normativa de sinalización e seguridade ferroviaria | 88 |
1º | MP5045 | Sistemas de control e xestión do tráfico ferroviario | 125 |
1º | MP5043 | Sistemas de telecomunicacións ferroviarias | 142 |
Máster de Formación Profesional en Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias.
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.