Folletos Web Ciclo
Realizar operacións de mantemento, montaxe de elementos e conxuntos, localización de avarías, reparación, verificación e axuste, en vehículos con sistemas de propulsión híbridos e eléctricos, seguindo especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental, cumprindo a normativa vixente.
Sector da produción e mantemento de vehículos híbridos e eléctricos e en subsectores de automóbiles.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP5060 | Seguridade en vehículos híbridos e eléctricos | 87 |
1º | MP5061 | Sistemas de propulsión en vehículos híbridos e eléctricos | 160 |
1º | MP5062 | Sistemas eléctricos de alta voltaxe, baterías e recarga | 150 |
1º | MP5063 | Transmisión de forzas e xestión térmica | 133 |
Especialista en Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos.
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.