Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 600 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar, presentar e maridar produtos tradicionais de panadería e bolería artesanais, doces e salgados, con ou sen recheo, a partir de masas nai de cultivo e prefermentos con cereais tradicionais, especiais e pseudocereales, respectando os requirimentos da elaboración artesá e aplicando técnicas actuais con creatividade e innovación, cumprindo a normativa vixente de seguridade alimentaria, prevención de riscos e protección medio ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Obradoiros artesanais ou semindustriales que elaboran produtos de panadería, pastelería e confeitería; así como no sector de hostalería, subsector de restauración e como elaborador por conta propia ou allea. Tamén exerce a súa actividade no sector do comercio da alimentación naqueles establecementos que elaboran e venden produtos de panadería, pastelería e repostería

Que ocupacións se desempeñan?
Mestre panadeiro
Elaborador de bolería
Elaborador de masas e bases de pizza
Reposteiro
Catador de produtos de panificación artesanal
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5019 Bolaría artesá e follados 164
MP5020 Cata e maridaxe de produtos de panificación 54
MP5016 Masas nai de cultivo e prefermentos 118
MP5018 Pans artesáns de cereais tradicionais, especiais e pseudocereais 164
MP5017 Tecnoloxía do frío aplicada á panadaría artesanal 100
Que título se obtén?

Especialista en Panadaría e bolaría artesanais.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela