Folletos Web Ciclo
Realizar o mantemento programado e correctivo dos motores, da célula e dos sistemas mecánicos, hidráulicos, pneumáticos e eléctricos do avión con motor de turbina, tanto na liña como no hangar, así como o mantemento na liña dos sistemas electrónicos e de aviónica. Participar nos procesos de fabricación e ensamblaxe de compoñentes, e na xestión do mantemento.
Departamentos de mantemento de aeronaves das compañías aéreas ou empresas dedicadas ao transporte tanto de pasaxeiros como de mercadorías ou a outras actividades, facendo inspeccións na liña e operacións de mantemento na liña e no hangar ou no taller. Actividades relacionadas coa fabricación e a montaxe tanto de aeronaves como dos seus compoñentes, así como coa simulación e o control de diferentes situacións de voo. Empresas dedicadas á fabricación de compoñentes e á montaxe de aeronaves; de inspección e control de calidade e do ámbito dos simuladores de voo. Compañías regulares, chárter, de carga aérea, de fumigación aérea, de loita contra incendios, aeroclubs, institucións oficiais (Policía, Protección Civil, etc.), escolas de pilotos e outros centros de formación, e empresas de mantemento.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1435 | Aerodinámica básica | LOOIFP |
1º | MP1436 | Factores humanos | |
1º | MP1425 | Fundamentos de electricidade | |
1º | MP1426 | Fundamentos de electrónica en aeromecánica | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1430 | Materiais, equipamentos e ferramentas en aeromecánica | |
1º | MP1432 | Prácticas de mantemento con elementos mecánicos da aeronave | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1428 | Técnicas dixitais e sistemas de instrumentos electrónicos en aeromecánica | |
2º | MP1439 | Aerodinámica, estruturas e sistemas de mandos de voo de avións con motor de turbina | LOE |
2º | MP1441 | Aerodinámica, estruturas e sistemas de osíxeno, augas e protección do avión | |
2º | MP1438 | Aerodinámica, estruturas e sistemas eléctricos e de aviónica de avións con motor de turbina | |
2º | MP1440 | Aerodinámica, estruturas e sistemas hidráulicos e pneumáticos, e tren de aterraxe do avión | |
2º | MPI006 | Lingua estranxeira profesional II | |
2º | MP1455 | Motores de turbinas de gas | |
2º | MP1433 | Prácticas de mantemento con elementos de aviónica e servizos das aeronaves | |
3º | MP1457 | Hélices | |
3º | MP1437 | Lexislación aeronáutica | |
3º | MP1458 | Proxecto intermodular de mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina |
Título de Técnico superior en Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.