Folletos Web Ciclo
Elaborar os patróns e as escalaxes axustados ao deseño dos compoñentes dos artigos, e organizar e xestionar tecnicamente os procesos de produción, todo isto na área da confección industrial, actuando baixo normas de boa práctica, así como de seguridade laboral e ambiental.
No sector da confección industrializada de productos téxtiles e de pel, así como de calzado e marroquinaría, en pequenas, medianas e grandes empresas, sea por conta allea ou propia, desenvolvendo funcións de xestión da produción e de elaboración de patróns para a industrialización da confección.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0276 | Materiais en téxtil, confección e pel | |
1º | MP0264 | Moda e tendencias | |
1º | MP0285 | Padronaxe industrial en téxtil e pel | |
1º | MP0278 | Procesos en confección industrial | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0277 | Técnicas en confección | |
2º | MP0283 | Análise de deseños en téxtil e pel | LOE |
2º | MP0284 | Elaboración de prototipos | |
2º | MP0289 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0290 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0286 | Industrialización e escalaxe de padróns | |
2º | MP0280 | Organización da produción en confección industrial | |
2º | MP0287 | Proxecto de patronaxe e moda | |
2º | MP0165 | Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental |
Título de Técnico superior en Patronaxe e moda
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.