Folletos Web Ciclo
Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/da superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.
No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou o ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1548 | Control de augas | LOOIFP |
1º | MP1553 | Control de organismos nocivo | |
1º | MP1549 | Control de residuos | |
1º | MP1547 | Educación para a saúde e o ambiente | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1546 | Sistemas de xestión ambiental | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1552 | Contaminación ambiental e atmosférica | LOE |
2º | MP1551 | Control e seguridade alimentaria | |
2º | MP1557 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1558 | Formación en centros de traballo | |
2º | MPI010 | Lingua estranxeira profesional II | |
2º | MP1555 | Proxecto de química e saúde ambiental | |
2º | MP1550 | Saúde e riscos do medio construído | |
2º | MP1554 | Unidade de saúde ambiental |
Título de Técnico superior en Química e saúde ambiental
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.