Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en hixiene bucodental
Técnico/a especialista hixienista dental
Hixienista bucodental
Educador/ora en saúde bucodental
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0731 Estudo da cavidade oral LOOIFP
MP0732 Exploración da cavidade oral
MP1370 Fisiopatoloxía xeral
MP0179 Inglés profesional
MP0733 Intervención bucodental
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0730 Recepción e loxística na clínica dental
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0736 Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes LOE
MP0735 Educación para a saúde oral
MP0740 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0734 Epidemioloxía en saúde oral
MP0741 Formación en centros de traballo
MP0020 Primeiros auxilios
MP0738 Proxecto de hixiene bucodental
MP0737 Prótese e ortodoncia
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Hixiene bucodental

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial