Folletos Web Ciclo
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1518 | Arquivamento e documentación sanitarios | LOOIFP |
1º | MP1521 | Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias | |
1º | MP1517 | Extracción de diagnósticos e procedementos | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1516 | Terminoloxía clínica e patoloxía | |
2º | MP1520 | Codificación sanitaria | LOE |
2º | MP1526 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1527 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1524 | Proxecto de documentación e administración sanitarias | |
2º | MP1519 | Sistemas de información e clasificación sanitarios | |
2º | MP1522 | Validación e explotación de datos | |
2º | MP1523 | Xestión administrativa sanitaria | |
2º | MP1515 | Xestión de pacientes |
Título de Técnico superior en Documentación e administración sanitarias
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.