Folletos Web Ciclo
Aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou produtores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección xerais e específicas, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria, seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente e o/a supervisor/ora da instalación, coa conseguinte acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgada polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN). A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sa-nitaria estatal.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1347 | Anatomía pola imaxe | LOOIFP |
1º | MP1345 | Atención ao/á paciente | |
1º | MP1346 | Fundamentos físicos e equipamentos | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1348 | Protección radiolóxica | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1360 | Dosimetría física e clínica | LOE |
2º | MP1365 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1366 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1363 | Proxecto de radioterapia e dosimetría | |
2º | MP1359 | Simulación do tratamento | |
2º | MP1362 | Tratamentos con braquiterapia | |
2º | MP1361 | Tratamentos con teleterapia |
Título de Técnico superior en Radioterapia e dosimetría
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.