Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar, fabricar e reparar próteses dentofaciais, aparellos de ortodoncia e férulas oclusais segundo prescrición e indicacións facultativas, así como efectuar o reaxuste necesario para o seu acabamento e xestionar un laboratorio de próteses dentais realizando as operacións para a comercialización do produto, e respectando a normativade seguridade e protección ambiental, así como as especificacións de calidade.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en empresas privadas ou en institucións asistenciais, como fabricante de produtos sanitarios dentais á medida en laboratorios de prótese dental, como traballador autónomo ou por conta allea, e en empresas da industria dental, como fábricas provedoras de materiais e maquinaria, ou en depósitos dentais, participando nas actividades de formación específicas da empresa. Tamén pode desenvolver a súa actividade no campo da investigación tecnolóxica dentro de empresas do sector dental en a instrución na industria dental impartindo cursos básicos ou avanzados sobre novos materiais e novas técnicas. A súa actividade está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en próteses dentais
Técnico/a especialista en próteses dentais
Responsable técnico/a dun laboratorio de prótese dental
Comercial na industria dental ou depósitos dentais
Responsable técnico/a en departamentos de investigación e desenvolvemento de produtos na industria dental
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0856 Aparellos de ortodoncia e férulas oclusais LOOIFP
MP0854 Deseño funcional de próteses
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0821 Laboratorio de próteses dentais
MP0855 Próteses completas
MP0857 Restauracións e estruturas metálicas en prótese fixa
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0863 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0864 Formación en centros de traballo
MP0861 Proxecto de próteses dentais
MP0858 Próteses parciais removibles metálicas, de resina e mixtas
MP0860 Próteses sobre implantes
MP0859 Restauracións e recubrimentos estéticos
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Próteses dentais

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra