Folletos Web Ciclo

CSS



Laboratorio de análise e de control de calidade
Ciclo formativo de grao Superior
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.

En que ámbitos se traballa?

En empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.

Que ocupacións se desempeñan?
Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada
Analista de laboratorio químico
Analista de laboratorio microbiolóxico
Analista de laboratorio de materiais
Analista de laboratorio de industrias agroalimentarias
Analista de laboratorio de industrias transformadoras
Analista de centros de formación investigación e desenvolvemento
Analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas
Analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais
Analista de control microbiolóxico da industria farmacéutica
Analista de materias primas e acabamentos
Técnico/a de laboratorio de química industrial
Técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas
Técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica
Técnico/a de ensaios de materiais de construción
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0066 Análises químicas LOOIFP
MP0069 Ensaios fisicoquímicos
MP0070 Ensaios microbiolóxicos
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0065 Mostraxe e preparación da mostra
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0067 Análise instrumental LOE
MP0072 Calidade e seguridade no laboratorio
MP0075 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0071 Ensaios biotecnolóxicos
MP0068 Ensaios físicos
MP0076 Formación en centros de traballo
MP0073 Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Laboratorio de análise e de control de calidade

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
As Pontes De García Rodríguez (Santa María)
Coruña, A
Pontevedra