Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en organizar ou supervisar os traballos de mantemento da planta propulsora, maquinaria auxiliar e servizos do buque, a partir da información técnica, así como organizar o servizo de mantemento e montaxe deses elementos en embarcacións en terra, definindo recursos, dirixindo equipos humanos e organizando e realizando as gardas de máquinas, e realizar as tarefas de mantemento, regulación e control garantindo a seguridade da travesía en condicións de calidade e seguridade laboral e ambiental definidas.
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade como oficial de máquinas; primeiro oficial e xefe de máquinas en buques e embarcacións de buques civís e de pesca, así como en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño dedicadas á construción, a reparación e o mantemento naval, tanto por conta propia como allea. Así mesmo, poderán empregarse, por conta propia ou allea, en pequenas e medianas empresas, de natureza pública ou privada, dedicadas á construción e o mantemento de embarcacións deportivas e de recreo. En determinadas circunstancias, deberán facer uso da lingua inglesa como vehículo de comunicación.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0802 | Organización da asistencia sanitaria a bordo | |
1º | MP1308 | Organización do mantemento de planta propulsora e maquinaria auxiliar de buques | |
1º | MP1311 | Organización do mantemento e montaxe de instalacións e sistemas eléctricos de buques e embarcacións | |
1º | MP1309 | Organización do mantemento en seco de buques e embarcacións, e montaxe de motores térmicos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0800 | Control das emerxencias | LOE |
2º | MP1317 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1318 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1314 | Organización da garda de máquinas | |
2º | MP1312 | Organización do mantemento e montaxe de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización de buques e embarcacións | |
2º | MP1313 | Planificación do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións | |
2º | MP1310 | Programación e mantemento de automatismos hidráulicos e neumáticos en buques e embarcacións | |
2º | MP1315 | Proxecto de organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións |
Título de Técnico superior en Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.