Folletos Web Ciclo
Planificar, xestionar e executar as actividades de buques nas condicións que determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a seguridade, a navegación, as manobras e as operacións de carga, estiba e descarga, así como a extracción, a manipulación, o procesamento e a conservación da pesca, optimizando a produción e cumprindo a normativa estatal e internacional.
En buques dedicados ao transporte marítimo de carga e/ou pasaxeiros, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e das atribucións que estableza a Administración competente. A actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente. Así mesmo, a súa formación permítelle desempeñar funcións do seu nivel desembarcado, en empresas e entidades pertencentes ao sector marítimo pesqueiro.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0803 | Administración e xestión do buque e da actividade pesqueira | LOOIFP |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0798 | Manobra e estiba | |
1º | MP0799 | Navegación, goberno e comunicacións do buque | |
1º | MP0802 | Organización da asistencia sanitaria a bordo | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0800 | Control das emerxencias | LOE |
2º | MP0807 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0809 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0804 | Garda de ponte | |
2º | MP0805 | Pesca de altura e grande altura | |
2º | MP0808 | Proxecto de implementación dunha ruta de transporte marítimo |
Título de Técnico superior en Transporte marítimo e pesca de altura
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.