Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar, organizar e supervisar as actividades de produción acuícola, coordinando os recursos dispoñibles para conseguir a calidade requirida do produto, cumprindo a normativa aplicable.

En que ámbitos se traballa?

Áreas de cultivo de plancto, reprodución, cultivo larvario e de poslarvas, sementes ou crías, criadeiro e engorde, por conta propia ou allea, en PME e en grandes empresas de natureza pública ou privada, centros de investigación e exposición de animais mariños, empresas de produción de peixes de acuario e confrarías de mariscadores. Coordina responsables das áreas de produción.

Que ocupacións se desempeñan?
Responsable técnico do cultivo larvario de peixes e da reprodución de peixes de auga de mar e continentalResponsable técnico da reprodución e do cultivo larvario de moluscos e crustaceos
Responsable técnico de preengorde e engorde de moluscos, crustaceos e de peixes de auga de mar e continental
Técnico ambiental para a acuicultura
Técnico en patoloxías en acuicultura
Técnico en patoloxías en industrias de derivados e elaboracións da pesca e da acuicultura, empresas, buques factoría e lonxas
Técnico en patoloxías en acuicultura en laboratorio de control de calidade de produtos da pesca
Responsable técnico/a en acuarofilia
Deseñador/ora e montador/ora de espazos de exhibición en acuarofilia
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0179 Inglés profesional LOOIFP
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1020 Técnicas analíticas e métodos de control sanitario en acuicultura
MP1015 Técnicas e xestión da produción de cultivos auxiliares
MP1017 Técnicas e xestión da produción de moluscos
MP1016 Técnicas e xestión da produción de peixes
MP1022 Acuarofilia LOE
MP1024 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1023 Formación en centros de traballo
MP1019 Instalacións, innovación e sistemas de automatización en acuicultura
MP1025 Proxecto de implantación dun centro de produción acuícola
MP1018 Técnicas e xestión da produción de crustáceos
MP1021 Xestión ambiental dos procesos acuícolas
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Acuicultura

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial