Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0464 | Análise de alimentos | LOOIFP |
1º | MP0463 | Biotecnoloxía alimentaria | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP0470 | Innovación alimentaria | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0191 | Mantemento electromecánico en industrias de proceso | |
1º | MP0468 | Nutrición e seguridade alimentaria | |
1º | MP0466 | Organización da produción alimentaria | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0465 | Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos | |
2º | MP0084 | Comercialización e loxística na industria alimentaria | LOE |
2º | MP0467 | Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos | |
2º | MP0473 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0474 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0469 | Procesos integrados na industria alimentaria | |
2º | MP0471 | Proxecto en procesos e calidade na industria alimentaria | |
2º | MP0462 | Tecnoloxía alimentaria | |
2º | MP0086 | Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria |
Título de Técnico superior en Procesos e calidade na industria alimentaria
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.