Folletos Web Ciclo
Xerar animacións 2D e 3D para producións audiovisuais e desenvolver produtos audiovisuais multimedia interactivos, integrando os elementos e as fontes que interveñen na súa creación, tendo en conta as súas relacións, as dependencias e os criterios de interactividade, a partir de parámetros previamente definidos.
Sector da produción audiovisual (cine, televisión e vídeo), da animación 2D e 3D, de multimedia interactiva e non interactiva, así como en publicidade e empresas relacionadas con internet e os novos medios.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1087 | Animación de elementos 2D e 3D | LOOIFP |
1º | MP1086 | Deseño, debuxo e modelaxe para animación | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1085 | Proxectos de animación audiovisual 2D e 3D | |
1º | MP1090 | Realización de proxectos multimedia interactivos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1088 | Cor, iluminación e acabamentos 2D e 3D | LOE |
2º | MP1091 | Desenvolvemento de contornos interactivos multidispositivo | |
2º | MP1095 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1092 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1093 | Proxecto de animacións 3D, xogos e contornos interactivos | |
2º | MP1089 | Proxectos de xogos e contornos interactivos | |
2º | MP0907 | Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais |
Título de Técnico superior en Animacións 3D, xogos e contornos interactivos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.