Folletos Web Ciclo
Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas.
Sector da produción de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0910 | Medios técnicos audiovisuais e escénicos | |
1º | MP0915 | Planificación de proxectos audiovisuais | |
1º | MP0918 | Planificación de proxectos de espectáculos e eventos | |
1º | MP0920 | Recursos expresivos audiovisuais e escénicos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0921 | Administración e promoción de audiovisuais e espectáculos | LOE |
2º | MP0924 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0925 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0922 | Proxecto de produción de audiovisuais e espectáculos | |
2º | MP0916 | Xestión de proxectos de cine, vídeo e multimedia | |
2º | MP0919 | Xestión de proxectos de espectáculos e eventos | |
2º | MP0917 | Xestión de proxectos de televisión e radio |
Título de Técnico superior en Produción de audiovisuais e espectáculos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.