Folletos Web Ciclo
Deseñar e organizar proxectos de asesoramento en imaxe persoal, empresarial e institucional, organizar eventos e planificar os procesos de adestramento persoal en habilidades de comunicación, protocolo e usos sociais, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo ambiente e deseño universal.
En empresas do sector de servizos dedicadas á asesoría de imaxe persoal, corporativa e pública, ou integrarse en equipos multidisciplinares de calquera empresa, en departamentos de comunicación ou márketing. De igual modo, poden exercer a súa actividade en establecementos dedicados á venda de vestiario, complementos e cosméticos, onde desenvolverán tarefas nas áreas funcionais de deseño dunha nova imaxe persoal, pública e corporativa, e na organización e na prestación de servizos. Actúan por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou ben por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1181 | Asesoría cosmética | LOOIFP |
1º | MP1184 | Asesoría de peiteado | |
1º | MP1187 | Asesoría estética | |
1º | MP1183 | Estilismo en vestiario e complementos | |
1º | MP1188 | Habilidades comunicativas | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1182 | Deseño de imaxe integral | LOE |
2º | MP1071 | Dirección e comercialización | |
2º | MP1192 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1193 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1189 | Imaxe corporativa | |
2º | MP1185 | Protocolo e organización de eventos | |
2º | MP1190 | Proxecto de asesoría de imaxe persoal e corporativa | |
2º | MP1186 | Usos sociais |
Título de Técnico superior en Asesoría de imaxe persoal e corporativa
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.