Folletos Web Ciclo
Dirixir e supervisar o desenvolvemento dos servizos de peiteado, planificar e realizar tratamentos capilares estéticos e deseñar estilismos de cambio de imaxe, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo medio e deseño universal.
Na dirección de procesos de peiteado en empresas dedicadas ao sector e en producións audiovisuais e escénicas, onde se desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de deseño e innovación, organización e prestación de servizos, comercialización, loxística, calidade, prevención de riscos e xestión ambiental. Actúase por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas dun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1064 | Dermotricoloxía | LOOIFP |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1072 | Peiteado en coidados especiais | |
1º | MP1067 | Procedementos e técnicas de peiteado | |
1º | MP0750 | Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal | |
1º | MP1065 | Recursos técnicos e cosméticos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1071 | Dirección e comercialización | LOE |
2º | MP1075 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1069 | Estilismo en peiteado | |
2º | MP1070 | Estudo da imaxe | |
2º | MP1076 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1068 | Peiteados para producións audiovisuais e de moda | |
2º | MP1073 | Proxecto de estilismo e dirección de peiteado | |
2º | MP1066 | Tratamentos capilares |
Título de Técnico superior en Estilismo e dirección de peiteado
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.