Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0484 | Bases de datos | LOOIFP |
1º | MP0487 | Contornos de desenvolvemento | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0373 | Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | |
1º | MP0485 | Programación | |
1º | MP0483 | Sistemas informáticos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0486 | Acceso a datos | LOE |
2º | MP0488 | Desenvolvemento de interfaces | |
2º | MP0494 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0495 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0490 | Programación de servizos e procesos | |
2º | MP0489 | Programación multimedia e dispositivos móbiles | |
2º | MP0492 | Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | |
2º | MP0491 | Sistemas de xestión empresarial |
Título de Técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.