Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo de alimentos e bebidas en restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas de restauración do sector público ou do privado. Neste caso, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección ou a xerencia dun restaurante, ou do superior xerárquico equivalente. Tamén poden desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio de viños e outras bebidas, ben na venda directa, ou ben na distribución ou na asesoría.

Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora de alimentos e bebidas
Supervisor/ora de restauración moderna
Maître
Xefe/a de sala
Encargado/a de bar-cafetaría
Xefe/a de banquetes
Xefe/a de operacións de cátering
Sommelier
Responsable de compra de bebidas
Encargado/a de economato e adega
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0496 Control do aprovisionamento de materias primas LOOIFP
MP0502 Gastronomía e nutrición
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0509 Procesos de servizos en bar-cafetaría
MP0510 Procesos de servizos en restaurante
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0501 Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias
MP0515 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0516 Formación en centros de traballo
MP0512 Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración
MP0513 Proxecto de dirección de servizos en restauración
MP0504 Recursos humanos e dirección de equipos en restauración
MP0180 Segunda lingua estranxeira
MP0511 Sommelier
MP0503 Xestión administrativa e comercial en restauración
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Dirección de servizos de restauración

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
Vilamarín