Folletos Web Ciclo
Organizar e controlar establecementos de aloxamento turístico, aplicando as políticas empresariais establecidas, controlando obxectivos dos departamentos, accións comerciais e os resultados económicos do establecemento, prestando o servizo na área de aloxamento e asegurando a satisfacción da clientela.
No sector turístico, nomeadamente no subsector dos aloxamentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros, incluíndo tamén algúns tipos afíns, como as residencias sanitarias, hospitalarias e de estudantes, entre outras, independentemente da súa su modalidade. Trátase de persoal fundamentalmente por conta allea, dado o grande investimento en inmobilizado que adoita supor o aloxamento, e que exerce as súas actividades en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, reservas, pisos e eventos.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0174 | Dirección de aloxamentos turísticos | LOOIFP |
1º | MP0171 | Estrutura do mercado turístico | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0173 | Márketing turístico | |
1º | MP0176 | Recepción e reservas | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0178 | Comercialización de eventos | LOE |
2º | MP0183 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0184 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0172 | Protocolo e relacións públicas | |
2º | MP0181 | Proxecto xestión de aloxamento turístico | |
2º | MP0177 | Recursos humanos no aloxamento | |
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | |
2º | MP0175 | Xestión do departamento de pisos |
Título de Técnico superior en Xestión de aloxamentos turísticos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.