Folletos Web Ciclo
Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial, e planificar, programar e controlar a súa produción, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En industrias dedicadas á fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial, talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles, construción e reparación naval, instalacións petroquímicas, material de transporte, montaxe e reparación de construcións metálicas, no ámbito da produción de construcións metálicas encadradas no sector industrial.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0246 | Deseño de construcións metálicas | LOOIFP |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0248 | Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas | |
1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | |
1º | MP0245 | Representación gráfica en fabricación mecánica | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0247 | Definición de procesos de construcións metálicas | LOE |
2º | MP0252 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0253 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0249 | Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas | |
2º | MP0163 | Programación da produción | |
2º | MP0250 | Proxecto de construcións metálicas | |
2º | MP0165 | Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental |
Título de Técnico superior en Construcións metálicas
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.