Folletos Web Ciclo

CSS



Programación da produción en fabricación mecánica
Ciclo formativo de grao Superior
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en mecánica
Encargado/a de instalacións de procesamento de metais
Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais
Encargado/a de montadores
Programador/ora de cnc
Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica
Programador/ora da produción
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0160 Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe LOOIFP
MP0164 Execución de procesos de fabricación
MP0179 Inglés profesional
MP0007 Interpretación gráfica
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0162 Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0166 Verificación de produtos
MP0169 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0161 Fabricación asistida por computador (CAM)
MP0170 Formación en centros de traballo
MP0002 Mecanizado por control numérico
MP0163 Programación da produción
MP0167 Proxecto de fabricación de produtos mecánicos
MP0165 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Programación da produción en fabricación mecánica

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial