Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en elaborar a documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións ambientais, de calidade e de seguridade establecidas.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de edificación
Delineante de edificación
Delineante de instalacións
Maquetista de construción
Axudante de xefe/a de oficina técnica
Axudante de planificador/ora
Axudante de técnico/a de control de custos
Técnico/a de control documental
Especialista en trazas
Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0567 Deseño e construción de edificios LOOIFP
MP0562 Estruturas de construción
MP0565 Implantacións de construción
MP0179 Inglés profesional
MP0568 Instalacións en edificación
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0563 Representacións de construción
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0571 Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial LOE
MP0570 Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial
MP0569 Eficiencia enerxética en edificación
MP0574 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0575 Formación en centros de traballo
MP0564 Medicións e valoracións de construción
MP0566 Planificación de construción
MP0572 Proxecto en edificación
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Proxectos de edificación

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Coruña, A
Santiago de Compostela
Ourense
Ourense