Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Xestionar as operacións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos, e organizar a implantación e a animación de espazos comerciais, segundo criterios de calidade, seguridade e prevención de riscos, aplicando a normativa.

En que ámbitos se traballa?

En empresas de calquera sector produtivo e nomeadamente do sector do comercio e o márketing públicos e privados, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de compravenda de produtos e servizos, así como de deseño, implantación e xestión de espazos comerciais. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionen a súa empresa realizando actividades de compravenda de produtos e servizos, ou por conta allea, que exerzan a súa actividade no departamento de vendas, comercial ou de márketing, dentro dos subsectores de: Industria, comercio e agricultura, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas de distribución comercial por xunto e/ou polo miúdo, nos departa-mentos de compras, vendas, deseño e implantación de espazos comerciais, comercial ou de márketing; entidades financeiras e de seguros, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas intermediarias no comercio como axencias comerciais, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc; empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras; empresas de loxística e transporte; asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais (ONG).

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de vendas
Representante comercial
Axente comercial
Encargado/a de tenda
Encargado/a de sección dun comercio
Vendedor/ora técnico/a
Coordinador/ora de comerciais
Supervisor/ora de telemárketing
Merchandiser
Escaparatista comercial
Deseñador/ora de espazos comerciais
Responsable de promocións no punto de venda
Especialista en implantación de espazos comerciais
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0179 Inglés profesional LOOIFP
MP1010 Investigación comercial
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0931 Márketing dixital
MP0930 Políticas de márketing
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa
MP0926 Escaparatismo e deseño de espazos comerciais LOE
MP0934 Formación en centros de traballo
MP0625 Loxística de almacenamento
MP0626 Loxística de aprovisionamento
MP0928 Organización de equipos de vendas
MP0932 Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais
MP0929 Técnicas de venda e negociación
MP0927 Xestión de produtos e promocións no punto de venda
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Xestión de vendas e espazos comerciais

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
Lugo
Ourense
Pontevedra
Pontevedra
Vigo
Vilagarcía de Arousa