Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e controlar as operacións do transporte de mercadorías e de viaxeiros no ámbito nacional e internacional, e en planificar e xestionar as actividades loxísticas dunha empresa, de acordo coa normativa ecos obxectivos establecidos pola dirección da empresa, no marco da calidade, a seguridade e o respecto ambiental.
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas do sector do transporte e a loxística, por conta propia ou por conta allea, realizando funcións de planificación, organización, xestión e comercialización do servizo de transporte e/ou de loxística.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0624 | Comercialización do transporte e a loxística | LOOIFP |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0622 | Transporte internacional de mercadorías | |
1º | MP0627 | Xestión administrativa do comercio internacional | |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa | |
2º | MP0632 | Formación en centros de traballo | LOE |
2º | MP0625 | Loxística de almacenamento | |
2º | MP0626 | Loxística de aprovisionamento | |
2º | MP0629 | Organización do transporte de mercadorías | |
2º | MP0628 | Organización do transporte de viaxeiros/as | |
2º | MP0630 | Proxecto de transporte e loxística | |
2º | MP0621 | Xestión administrativa do transporte e a loxística |
Título de Técnico superior en Transporte e loxística
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.