Folletos Web Ciclo
Deseñar produtos gráficos, envases e embalaxes, editar publicacións impresas e electrónicas, xestionar e controlar a produción editorial, realizando a publicación e o servizo de atención á clientela, aplicando os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En editoriais, en empresas de publicacións multimedia e de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, de comunicación e de publicidade, así como noutras empresas como as dedicadas ao envasamento e á embalaxe ("packaging") que teñan seccións de deseño estrutural de envases e embalaxes.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1480 | Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela | LOOIFP |
1º | MP1479 | Deseño de produtos gráficos | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1417 | Materiais de produción gráfica | |
1º | MP1478 | Organización dos procesos de preimpresión dixital | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1485 | Desenvolvemento e publicación de produtos editoriais multimedia | LOE |
2º | MP1484 | Deseño e planificación de proxectos editoriais multimedia | |
2º | MP1483 | Deseño estrutural de envase e embalaxe | |
2º | MP1488 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1489 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1482 | Produción editorial | |
2º | MP1486 | Proxecto de deseño e edición de publicacións impresas e multimedia | |
2º | MP1481 | Xestión da produción en procesos de edición |
Título de Técnico superior en Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.