Folletos Web Ciclo
Deseñar e desenvolver proxectos gráficos, elaborar orzamentos, xestionar e supervisar a produción, e controlar o almacén de materiais e a expedición do produto á clientela, aplicando a normativa vixente e os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
Empresas de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, en editoriais, na prensa diaria ou periódica, e en empresas dedicadas á produción de envases, embalaxes e packaging.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1480 | Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela | LOOIFP |
1º | MP1479 | Deseño de produtos gráficos | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1417 | Materiais de produción gráfica | |
1º | MP1478 | Organización dos procesos de preimpresión dixital | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1544 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP1545 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1540 | Organización dos procesos de impresión gráfica | |
2º | MP1541 | Organización dos procesos de postimpresión, transformacións e acabamentos | |
2º | MP1542 | Proxecto de deseño e xestión da produción gráfica | |
2º | MP1539 | Xestión da cor | |
2º | MP1538 | Xestión da produción na industria gráfica |
Título de Técnico superior en Deseño e xestión da produción gráfica
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.