Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Xestionar a produción gandeira e realizar traballos especializados de apoio a equipos veterinarios, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, e aplicando os plans de produción, calidade, sanidade e benestar animal, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación vixente.

En que ámbitos se traballa?

Na área de produción gandeira, como en empresas relacionadas coa cría, o adestramento, a monta e a exhibición de gando equino, por conta propia ou allea en empresas públicas ou privadas, seguindo instrucións do/a responsable da produción ou baixo a supervisión de persoal facultativo veterinario, podendo ter ao seu cargo persoal de nivel inferior. Por conta allea en institucións ou organismos que realicen actividades de xestión e control sanitario de animais, dependendo de persoal superior responsable.

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de veterinaria
Encargado/a de explotación gandeira e de equipamentos gandeiros
Responsable da produción en cooperativas, en sociedades agrarias, en asociacións, explotacións ou empresas gandeiras, en empresas de servizos, de inseminación artificial en explotacións gandeiras ou en centros de recollida de seme
Responsable do manexo e coidados do gando e das instalacións en centros de adestramento e doma de gando equino, en escolas e clubs de equitación, en empresas relacionadas co manexo dos coidados e coa administracción de terapias en centros de pupilaxe, descanso e recuperación de gando equino
Responsable xestor/ora de gandarías equinas
Asesor/ora e supervisor/ora para a planificación, a montaxe e o funcionamento de empresas e entidades asociadas a eventos, demostracións ecuestres e actividades recreativas, deportivas e terapéuticas
Integrante en comisións de valoración, selección e compra de gando equino
Axudante de veterinaria en centros de investigación animal, en equipos veterinarios especializados en animais de granxa e produción, en explotacións e asociacións gandeiras, en agrupacións de defesa sanitaria, en empresas do sector agroalimentario e de servizos á gandaría
Visitador/ora de produtos de veterinaria
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1281 Bioseguridade LOOIFP
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1278 Maquinaria e instalacións gandeiras
MP1274 Organización e control da reprodución e cría
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1275 Xestión da produción animal
MP1276 Xestión da recría de cabalos
MP1280 Asistencia á atención veterinaria LOE
MP1285 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1286 Formación en centros de traballo
MP1277 Organización e supervisión da doma e manexo de équidos
MP1283 Proxecto de gandaría e asistencia en sanidade animal
MP1279 Saneamento gandeiro
MP1282 Xestión de centros veterinarios
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Gandaría e asistencia en sanidade animal

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Boqueixón
Coristanco