Folletos Web Ciclo
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
Na área de xestión de empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, dedicadas á xestión forestal, á cinexético-piscícola, á de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental, á información, comunicación, formación, interpretación e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural,e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestaiscomo traballadores das administracións públicas. Así mesmo, para organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0690 | Botánica agronómica | LOOIFP |
1º | MP0692 | Fitopatoloxía | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0694 | Maquinaria e instalacións agroforestais | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0693 | Topografía agraria | |
1º | MP0790 | Técnicas de educación ambiental | |
1º | MP0810 | Xestión dos aproveitamentos do medio forestal | |
1º | MP0811 | Xestión e organización do viveiro forestal | |
2º | MP0816 | Defensa contra incendios forestais | LOE |
2º | MP0819 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0820 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0817 | Proxecto de xestión forestal e conservación do medio | |
2º | MP0812 | Xestión cinexética | |
2º | MP0815 | Xestión da conservación do medio natural | |
2º | MP0813 | Xestión da pesca continental | |
2º | MP0814 | Xestión de montes |
Título de Técnico superior en Xestión forestal e do medio natural
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.