Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar, coordinar, desenvolver e avaliar programas de acondicionamento físico para todos os tipos de persoas usuarias e en diferentes espazos de práctica, dinamizando as actividades e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde, garantindo a seguridade e aplicando criterios de calidade, tanto no proceso como nos resultados do servizo.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito público (Administración xeral do Estado e administracións autonómicas e locais) e en entidades de carácter privado, en ximnasios, empresas de servizos deportivos, padroados deportivos ou entidades deportivas municipais, clubs ou asociacións deportivas ou de carácter social, empresas turísticas (hoteis, cámping, balnearios, etc.), grandes empresas con servizos deportivos para o seu persoal, centros xeriátricos ou de carácter social, federacións deportivas ou organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deporte, etc.).

Que ocupacións se desempeñan?
Adestrador/a de acondicionamento físico
Adestrador/a de acondicionamento físico nas salas de adestramento polivalente de ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas, e de acondicionamento físico para grupos con soporte musical en ximnasios, instalacións acuáticas ou en polideportivos
Instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal
Promotor/a de actividades de acondicionamento físico
Animador/a de actividades de acondicionamento físico
Coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e de hidrocinesia
Monitor/a de aeróbic, de step, de ciclo indoor, de fitness acuático e de actividades afíns
Instrutor/a das actividades de acondicionamento físico para colectivos especiais
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1151 Acondicionamento físico na auga LOOIFP
MP1149 Actividades básicas de acondicionamento físico con soporte musical
MP1153 Control postural, benestar e mantemento funcional
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes
MP1150 Actividades especializadas de acondicionamento físico con soporte musical LOE
MP1156 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1148 Fitness en sala de adestramento polivalente
MP1157 Formación en centros de traballo
MP0017 Habilidades sociais
MP1154 Proxecto de acondicionamento físico
MP1152 Técnicas de hidrocinesia
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Acondicionamento físico

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
Ourense
Ourense
Pontevedra
Lalín
Vigo
Vilagarcía de Arousa