Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar, xestionar e avaliar proxectos de animación físico-deportivos recreativos para todo tipo de persoas usuarias, programando e dirixindo as actividades de ensino, de inclusión sociodeportiva e de tempo libre, coordinando as actuacións dos/das profesionais implicados/as, garantindo a seguridade, respectando o ambiente e conseguindo a satisfacción das persoas usuarias, nos límites de custo previstos.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito público, na Administración xeral, autonómica ou local, en entidades de carácter privado, en grandes, medianas ou pequenas empresas que ofrezan servizos de ensino deportivo, acondicionamento físico, inclusión sociodeportiva e recreación

Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de actividades físico-deportivas
Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a de actividades de inclusión sociodeportiva
Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a de de veladas e espectáculos en instalacións turísticas
Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a de actividades recreativas ao aire libre en instalacións turísticas
Coordinador/a de actividades de animación deportiva
Coordinador/a de actividades físico-deportivas
Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil
Director/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar
Xefe/a de departamento de animación turística
Cronometrador/a, xuíz/a e árbitro/a de competicións deportivas non oficiais
Promotor/a deportivo/a de competicións de nivel elemental ou social e de eventos deportivos de nivel básico
Monitor/a de actividades físicodeportivas e recreativas en campamentos de tempo libre
Socorrista en instalacións acuáticas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1141 Actividades físicodeportivas de implementos LOOIFP
MP1139 Actividades físicodeportivas individuais
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1143 Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes
MP1138 Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística
MP1123 Actividades de lecer e tempo libre LOE
MP1140 Actividades físicodeportivas de equipo
MP1142 Actividades físicodeportivas para a inclusión social
MP1124 Dinamización grupal
MP1146 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1147 Formación en centros de traballo
MP1137 Planificación da animación sociodeportiva
MP1144 Proxecto de ensino e animación sociodeportiva
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Ensinanza e animación sociodeportiva

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial