Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.

Que ocupacións se desempeñan?
Administrativo/a de oficina
Administrativo/a comercial
Administrativo/a financeiro
Administrativo/a contable
Administrativo/a de loxística
Administrativo/a de banca e de seguros
Administrativo/a de recursos humanos
Administrativo/a da administración pública
Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías
Técnico/a en xestión de cobramentos
Responsable de atención á clientela
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0651 Comunicación e atención á clientela LOOIFP
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0649 Ofimática e proceso da información
MP0650 Proceso integral da actividade comercial
MP0648 Recursos humanos e responsabilidade social corporativa
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0647 Xestión da documentación xurídica e empresarial
MP0654 Contabilidade e fiscalidade LOE
MP0660 Formación en centros de traballo
MP0657 Proxecto de administración e finanzas
MP0656 Simulación empresarial
MP0652 Xestión de recursos humanos
MP0653 Xestión financeira
MP0655 Xestión loxística e comercial
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Administración e finanzas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial