Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Confeccionar, tanto á medida coma industrialmente, pezas, complementos e outros artigos en téxtil e pel, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En establecementos e industrias de confección e moda dedicadas ao preparado e corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel, e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.

Que ocupacións se desempeñan?
Confeccionista
Axudante de xastraría e modistaría
Especialista en confección
Oficial de confección
Cortador/ora de pezas e artigos téxtiles
Operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar
Cosedor/ora-ensamblador/ora
Marcador/ora-cortador/ora de pezas e artigos en téxtil e pel
Pasador/ora-acabador/ora
Operador/ora de máquinas de remate
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0269 Confección industrial LOOIFP
MP0267 Corte de materiais
MP0271 Información e atención á clientela
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0275 Materiais téxtiles e pel
MP0264 Moda e tendencias
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0270 Acabamentos en confección LOE
MP0268 Confección á medida
MP0273 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0274 Formación en centros de traballo
MP0265 Padróns
MP0116 Principios de mantemento electromecánico
Que título se obtén?

Título de Técnico en Confección e moda

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Lugo
Monforte de Lemos
Pontevedra