Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade. Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son: industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade; outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc; laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas.

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de laboratorios de química
Auxiliar industrias químicas
Auxiliar industrias alimentarias
Auxiliar sector ambiental
Auxiliar industria transformadora
Auxiliar industria farmacéutica
Auxiliar materias primas e produto acabado
Auxiliar control e recepción de materias
Auxiliar centros de formación e investigación
Auxiliar control de calidade de materiais
Auxiliar metalurxia e galvanotecnia
Auxiliar ensaios de produtos de fabricación mecánica
Auxiliar microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas
Operador/ora de laboratorios de química
Operador/ora industrias químicas
Operador/ora industrias alimentarias
Operador/ora sector ambiental
Operador/ora industria transformadora
Operador/ora industria farmacéutica
Operador/ora materias primas e produto acabado
Operador/ora control e recepción de materias
Operador/ora centros de formación e investigación
Operador/ora control de calidade de materiais
Operador/ora metalurxia e galvanotecnia
Operador/ora ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas
Técnico/a de laboratorios de química
Técnico/a industrias químicas
Técnico/a industrias alimentarias
Técnico/a sector ambiental
Técnico/a industria transformadora
Técnico/a industria farmacéutica
Técnico/a materias primas e produto acabado
Técnico/a control e recepción de materias
Técnico/a centros de formación e investigación
Técnico/a control de calidade de materiais, metalurxia e galvanotecnia
Técnico/a ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas
Operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén
Mostreador/ora e participante en ensaios de campo
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1257 Almacenamento e distribución no laboratorio LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1250 Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio
MP1251 Probas fisicoquímicas
MP1249 Química aplicada
MP1253 Seguridade e organización no laboratorio
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1259 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP1256 Ensaios de materiais
MP1260 Formación en centros de traballo
MP1255 Operacións de análise química
MP0116 Principios de mantemento electromecánico
MP1252 Servizos auxiliares no laboratorio
MP1254 Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica
Que título se obtén?

Título de Técnico en Operacións de laboratorio

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial