Folletos Web Ciclo

CSS



Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións
Ciclo formativo de grao medio
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.
Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.

Que ocupacións se desempeñan?
Operario de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos
Operario de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor
Xefe de máquinas
Oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas
Electromecánico de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares de embarcacións deportivas e de recreo
Mecánico de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina)
Mecánico de motores de gasolina
Mecánico de motores diésel
Mecánico de motores en maquinaria industrial
Mecánico de motores e grupos mecánicos navais en estaleiros
Mantedor de aire acondicionado e fluídos en embarcacións deportivas e de recreo
Electricista naval
Electricista de mantemento e reparación de motores, dínamos e transformadores
Operario de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1033 Atención sanitaria a bordo LOOIFP
MP0156 Inglés
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1172 Mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar
MP1175 Mantemento das instalacións e máquinas eléctricas en buques e embarcacións
MP1173 Procedementos de mecanizado e soldadura en buques e embarcacións
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1179 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP1180 Formación en centros de traballo
MP1176 Instalación e mantemento de maquinaria de frío e climatización en buques e embarcacións
MP1177 Procedementos de garda de máquinas
MP1174 Regulación e mantemento de automatismos en buques e embarcacións
MP1032 Seguridade marítima
Que título se obtén?

Título de Técnico en Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial