Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e executar as actividades de buques, cuxas características e límites xeográficos determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a navegación, a extracción, a manipulación e a conservación da pesca, respectando as condicións de seguridade e consonte a normativa.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade, por conta propia ou allea, en buques de pesca e en buques mercantes, de natureza pública ou privada, cos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.

Que ocupacións se desempeñan?
Patrón costeiro polivalente
Patrón costeiro polivalente, local de pesca, dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación, patrón ao mando de buques de pesca ou mercantes
Patrón, primeiro oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros e de pasaxe , coas atribucións establecidas para o patrón de litoral
Mariñeiro pescador e de ponte
Inspector de flota
Supervisor de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca
Manipulador ou operario de elaboración
Operario de envasamento e empaquetaxe
Operador ou controlador de liña de envasamento
Traballador na preparación de peixe para conservas
Especialista en tratamentos de frío
Elaborador de produtos da pesca e derivados, de conservas de peixe e de semiconservas, de conxelados e ultraconxelados
Limpador e preparador de peixe para conservas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1033 Atención sanitaria a bordo LOOIFP
MP1030 Despacho e administración do buque
MP1036 Estabilidade, trimaxe e estiba do buque
MP0156 Inglés
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1035 Técnicas de manobra
MP1027 Técnicas de navegación e comunicacións
MP1038 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP1039 Formación en centros de traballo
MP1034 Instalacións e servizos
MP1029 Pesca de litoral
MP1028 Procedementos de garda
MP1032 Seguridade marítima
Que título se obtén?

Título de Técnico en Navegación e pesca de litoral

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial