Folletos Web Ciclo
Realizar as actividades destinadas á produción de especies acuícolas e o mantemento básico das instalacións, conseguindo a calidade operacional requirida e cumprindo a normativa de aplicación, a ambiental e a de prevención de riscos laborais.
En empresas de acuicultura, acuarios, centros de investigación e confrarías de mariscadores, nas áreas de produción de cultivos auxiliares, produción de peixes, d moluscos, e na de mantemento de instalacións acuícolas, por conta propia ou por conta allea.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0156 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP0706 | Instalacións e equipamentos de cultivo | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0703 | Técnicas de cultivos auxiliares | |
1º | MP0705 | Técnicas de engorda de moluscos | |
1º | MP0704 | Técnicas de engorda de peixes | |
2º | MP0711 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP0712 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0708 | Técnicas de criadeiro de moluscos | |
2º | MP0707 | Técnicas de criadeiro de peixes | |
2º | MP0709 | Técnicas de cultivo de crustáceos |
Título de Técnico en Cultivos acuícolas
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.