Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0156 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0141 | Materias primas na industria alimentaria | |
1º | MP0142 | Operacións de acondicionamento de materias primas | |
1º | MP0030 | Operacións e control de almacén na industria alimentaria | |
1º | MP0031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0143 | Tratamentos de transformación e conservación | |
2º | MP0148 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP0149 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | |
2º | MP0144 | Procesamento de produtos alimentarios | |
2º | MP0145 | Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria | |
2º | MP0146 | Venda e comercialización de produtos alimentarios |
Título de Técnico en Elaboración de produtos alimentarios
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.