Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar e envasar aceites de oliva, viños e outras bebidas de acordo cos plans de produción e calidade, efectuando o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

Na industria de elaboración e envasamento de aceites de oliva, viños e outras bebidas, en pequenas, medianas ou grandes empresas, con tecnoloxía tradicional ou avanzada. Intégrase en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente dun mando intermedio. En certos casos de pequenas empresas pode ter baixo a súa responsabilidade operarios e depender directamente da persoa responsable de produción.

Que ocupacións se desempeñan?
Bodegueiro/eira
Elaborador/ora de viños, cavas, sidra e outras bebidas e derivados
Mestre/a de lagar, extracción e refinamento de aceites de oliva
Recepcionista de materias primas
Operador/ora de sección de embotellamento e/ou envasamento
Auxiliar de laboratorio en lagares e adegas
Auxiliar de control de calidade en lagares e adegas
Comercial de lagares e adegas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0318 Elaboración de viños LOOIFP
MP0317 Extracción de aceites de oliva
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0316 Materias primas e produtos na industria oleícola, vinícola e doutras bebidas
MP0030 Operacións e control de almacén na industria alimentaria
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0319 Acondicionamento de aceites de oliva LOE
MP0321 Análise sensorial
MP0320 Elaboración doutras bebidas e derivados
MP0323 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0324 Formación en centros de traballo
MP0116 Principios de mantemento electromecánico
MP0146 Venda e comercialización de produtos alimentarios
Que título se obtén?

Título de Técnico en Aceites de oliva e viños

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
Ourense
Ribadavia