Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

En obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.

Que ocupacións se desempeñan?
Panadeiro/a
Elaborador/a de bolaría
Elaborador/a de masas e bases de pizza
Pasteleiro/a
Elaborador/a e decorador/a de pasteis
Confeiteiro/a
Reposteiro/a
Turroneiro/a
Elaborador/a de caramelos e doces
Elaborador/a de produtos de cacao e chocolate
Churreiro/a
Galleteiro/a
Elaborador/a de sobremesas en restauración
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0025 Elaboracións de panadaría e bolaría LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0024 Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría
MP0030 Operacións e control de almacén na industria alimentaria
MP0026 Procesos básicos de pastelaría e repostaría
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0027 Elaboracións de confeitaría e outras especialidades LOE
MP0034 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0035 Formación en centros de traballo
MP0032 Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría
MP0029 Produtos de obradoiro
MP0028 Sobremesas en restauración
Que título se obtén?

Título de Técnico en Panadaría, repostaría e confeitaría

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Ourense
Vilamarín
Pontevedra