Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en realizar sesións de animación musical e visual en vivo e en directo, e efectuar a captación, a mestura directa, a gravación e a reprodución de son en calquera tipo de proxectos sonoros.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no ámbito do son para producións de cine, vídeo, televisión, multimedia, radio, industria discográfica, espectáculos e instalacións fixas de sonorización, en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe, empresas de sonorización e produtoras de espectáculos, e en empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais, tales como desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras, e en grandes, medianas e pequenas empresas, por conta propia ou allea, dedicadas ao tratamento dixital de imaxes.

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de son en televisión
Microfonista de cine e vídeo
Microfonista de concertos musicais
Microfonista de espectáculos escénicos
Axudante de montaxe de son en cine
Disc-jockey
Vídeo-jockey
Vídeo disc-jockey
Light-jockey
Retocador fotográfico dixital
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1299 Captación e gravación de son LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP1298 Instalación e montaxe de equipamentos de son
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1301 Preparación de sesións de vídeo disc-jockey
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1304 Toma e edición dixital de imaxe
MP1302 Animación musical en vivo LOE
MP1303 Animación visual en vivo
MP1300 Control, edición e mestura de son
MP1306 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1307 Formación en centros de traballo
Que título se obtén?

Título de Técnico en Vídeo disc-jockey e son

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial